Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003 pola que se concede novo prazo para a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de construcción e explotación dunha planta de tratamento de residuos voluminosos en Cerceda (A Coruña).

Ante as dificultades xurdidas para facilitarlles ós licitadores o 30 de decembro de 2002, data de publicación do anuncio do concurso no DOG, o proxecto elaborado para a execución da obra de construcción e explotación dunha planta de tratamento de residuos voluminosos en Cerdeda (A Coruña), que foi distribuído o 7 de xaneiro de 2003, e coa finalidade de que tódolos interesados poidan concorrer á licitación, acórdase conceder un novo prazo de oito días naturais para a presentación de ofertas, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, manténdose os demais termos da Resolución do 19 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 251, do 30 de decembro, coa excep

ción dos prazos sinalados para a apertura da documentación xeral e das ofertas, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó do final do prazo de presentación das proposicións e o día seguinte ó da apertura da documentación xeral, respectivamente.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente