Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/180-2, 5969 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea C.T. auditorio-C.T. Gondán-C.T. Mirasol.

Situación: Ribadeo.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con 250 m de lonxitude, conductor tipo R.H.Z., con orixe en centro de seccionamento de manobra exterior proxectado e final en C.T. Mirasol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo