Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos de subministracións.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica de seguido:

-Contratación da subministración de material para ciclos formativos de téxtil, confección e pel para

centros docentes dependentes desta consellería (expediente: 21/02SU).

Adxudicatario: Plus-Mer, S.L.

Orzamento: 78.266 euros.

-Contratación de subministración sucesiva de ordenadores para centros docentes de ensinanzas primaria e secundaria dependentes desta consellería (expediente: 22/02SU).

Adxudicatario: Plus-Mer, S.L.

Orzamento: 200.812,50 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria