Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.431

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (329/2000).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, no procedemento de referencia, por medio deste edicto fáiselle saber á entidade demandada Petrogabi, S.L. que se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva como seguen:

«En Pontevedra, vinteún de marzo de dous mil dous Aurelia Montenegro Arce, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido, vistos os presentes autos de tercerías en xuízo de menor contía MNC 329/2000 seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Carburantes Acibro, S.L., con procurador Miguel Ángel Martínez Cabrera e letrado Emilio Bua Ares, e da outra como demandado/a Petrogabi S.L., Axencia Estatal da Administración Tributaria, a primeira en situación de rebeldía procesual, e a segunda representada polo letrado do Estado.

Decido que desestimando a demanda interposta polo procurador Miguel A. Martínez Cabrera, en nome e representación da entidade Carburantes Acibro S.L. contra as demandadas Axencia Estatal da Administración Tributaria e a entidade Petrogabi S.L., esta última en situación de rebeldía procesual, debo absolver e absolvo os ditos demandados das pretensións contra eles formuladas no escrito de demanda; todo iso con expresa imposición das custas procesuais á demandante.

Contra a resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado en termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradeiro da entidade Petrogabi, S.L., redáctase este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, trinta de outubro de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado