Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.421

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios.

Existindo postos de traballo vacantes de persoal funcionario de administración e servicios dotados orzamentariamente adscritos ós grupos A, B, C e D, establecida a súa provisión mediante concurso e consonte o establecido no artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio (modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril), da función pública de Galicia e no capítulo III do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e nos estatutos desta universidade, resolveu convocar concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes que se enumeran no anexo I desta resolución e que se desenvolverá con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria.

I. Requisitos e condicións de participación.

Primeira.-Poderán participar na presente convocatoria os funcionarios de carreira destinados na Universidade de Vigo con carácter definitivo ou mediante adscrición provisional, calquera que sexa a súa situación administrativa que, pertencendo ós corpos e escalas clasificados nos grupos ós que se refire o artigo 19 da Lei 4/1988, do 26 de maio,

da función pública de Galicia, reúnan os requisitos esixidos para desenvolve-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso na vixente relación de postos de traballo e no anexo I da presente convocatoria. Non poderá participa-lo persoal suspenso en firme, mentres dure a suspensión, nin o persoal docente e investigador ó que se refire o artigo 1.2º da antedita lei. Cumprindo os requisitos anteriores, tamén poderán participa-los funcionarios daquelas administracións coas que a Universidade de Vigo teña asinado un convenio de reciprocidade nesta materia.

Segunda.-Os excedentes voluntarios da Universidade de Vigo dos puntos 3.c, 3.d e 4 do artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e os procedentes da situación de suspenso, acompañarán á súa solicitude declaración de que non foron separados do servicio de calquera Administración pública, nin estar inhabilitados para o exercicio de cargo público.

Terceira.

a) Deberán tomar parte neste concurso os funcionarios destinados nesta universidade que teñan atribuído, mediante adscrición provisional, o desempeño dun posto de traballo, así como os removidos do posto de traballo obtido por concurso, debendo solicitar tódolos postos (vacantes ou non) reservados ó seu grupo de pertenza, na súa localidade.

b) Os funcionarios da Universidade de Vigo en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar só poderán participar se levan máis de dous anos na dita situación.

Cuarta.-Con carácter absolutamente excepcional, non acadada aínda a plena extinción da escala auxiliar administrativa, permitirase ós funcionarios do grupo C solicitar e obter destino en postos adscritos ós grupos C/D con nivel de complemento de destino 14, sen prexuízo de que lles resulte de aplicación o acordo da Xunta de Goberno do 30 de novembro de 1995 sobre fixación de niveis mínimos.

Quinta.-Tódolos requisitos, méritos e prazos establecidos deben estar referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

II. Solicitudes e documentación.

Sexta.-As solicitudes para tomar parte neste concurso, axustadas ó modelo publicado como anexo II desta resolución deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Universidade de Vigo, nos seus rexistros auxiliares ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima.-Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como

os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán acreditarse e posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias.

Oitava.-Agás para o punto C da base décimo sétima, os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado expedido de oficio polo Servicio de Xestión de Persoal, que serán os únicos que valore a comisión regulada no punto terceiro. O Servicio de Xestión de Persoal remitirá simultaneamente os certificados ós interesados e á comisión de valoración.

O punto C da base décimo sétima, Formación, valorarase exclusivamente con base nas copias dos títulos e cursos que se deberán achegar dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Novena.-Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado que acredite suficientemente a adaptación demandada.

Décima.-Cando dous funcionarios cónxuxes estean interesados en obter postos de traballo neste concurso nun mesmo concello, poden condicionar na solicitude os seus pedimentos, por razóns de convivencia familiar, ó feito de que ambos os obteñan, entendéndose, no caso contrario, anulado o pedimento efectuado por cada un deles. Deberán acompaña-la súa solicitude con fotocopia do pedimento do cónxuxe.

Décimo primeira.-No suposto de que sexan varios os postos de traballo que se soliciten, a preferencia deles virá establecida pola orde que o concursante estableza na solicitude de participación.

Décimo segunda.-Así mesmo os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución do presente concurso, para o que deberán especificar esta circunstancia así como a preferencia de postos na súa solicitude de participación.

Décimo terceira.-Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario.

III. Comisión de valoración.

Décimo cuarta.-A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada por unha comisión de valoración que terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón do servicio, e integrada polos seguintes membros, todos eles con voz e voto:

Titular:

Presidente: José Manuel Fernández Viña, xefe do Servicio de Recursos Humanos.

Vocais:

Teresa Pena Vetoret, xefa da Sección de Xestión de Persoal.

2 vocais en representación da xunta de persoal. O seu nomeamento publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Secretario: Antonio Rotea Villanueva, xefe do Servicio de Xestión de Persoal.

Suplente:

Presidenta: Dolores Ojea Troncoso, xefa do Servicio de Contabilidade.

Vocais:

Elena Vázquez Losada, xefa da Sección de Tesourería.

2 vocais en representación da xunta de persoal. O seu nomeamento publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Secretaria: María Fariza Novoa, administradora de centros do ámbito científico.

Décimo quinta.-A comisión adoptará os seus acordos consonte o establecido na Lei 30/1992 e poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen, que serán nomeados polo órgano convocante.

Décimo sexta.-Correspóndelle a interpretación das presentes bases e a resolución das incidencias que se presenten no desenvolvemento do procedemento.

IV. Valoración de méritos.

Décimo sétima.-A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

A. Antigüidade na Administración pública: valorarase ata un máximo de 3 puntos. Para estes efectos computaranse os servicios recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro. Non se computarán os servicios que se prestaran simultaneamente con outros igualmente alegados.

Por cada ano (365 días) ou fracción superior a 6 meses (1 mes=30 días) de servicios: 0,15 puntos.

B. Grupo de clasificación: polo grupo ó que pertence o concursante e desde o que participa no concurso outorgarase a seguinte puntuación:

Por pertencer ó grupo A: 4 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 2,75 puntos.

Por pertencer ó grupo C: 1,50 puntos.

Por pertencer ó grupo D: 0,75 puntos.

Por pertencer ó grupo E: 0,25 puntos.

C. Formación: valorarase ata un máximo de 2 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

C.1. Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1 punto.

-Valoraranse os cursos recibidos na EGAP, no INAP ou noutros centros oficiais de calquera Admi

nistración pública, así como os homologados pola EGAP, os impartidos por organizacións sindicais suficientemente acreditados dentro dos programas de formación continua, e para o persoal de bibliotecas, aqueles impartidos por centros oficiais e institucións de recoñecido prestixio.

-Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

-No caso de acreditar varios cursos sobre a mesma materia só se terá en conta o de nivel superior, e de ser do mesmo nivel, o de maior duración. De acreditarse máis dun grao de coñecemento dun idioma só se computará o superior.

-Terán carácter xeral (ademais dos que determine a comisión) os cursos de idiomas, informática, procedemento administrativo, atención ó púbico, protocolo e similares.

-Terán carácter específico os cursos que a comisión considere que están directamente relacionados coas actividades para desempeñar na área á que corresponde o posto solicitado.

-Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos organizados por calquera Administración, nin os certificados relativos a xornadas, seminarios, simposios ou similares.

-De non figura-lo número de horas ou ter unha duración inferior a 20 horas, o curso puntuará 0,05 puntos se ten carácter xeral e 0,15 puntos se ten carácter específico.

A puntuación asignarase de acordo cos seguintes criterios:

DuraciónXeraisEspecíficos

Ata 40 horas0,15 puntos0,25 puntos

Máis de 40 horas0,30 puntos0,50 puntos

C.2. Titulación: por acredita-la titulación académica inmediata superior á esixida para o ingreso no grupo de clasificación de pertenza e desde o que participa o concursante, darase a seguinte puntuación:

-Por posuír titulación non universitaria: 0,50 puntos.

-Por posuír titulación universitaria: 1 punto.

D. Carreira administrativa: valorarase ata un máximo de 7 puntos.

D.1. Traballo desenvolvido: valorarase cun máximo de 5 puntos. Consideraranse os postos ocupados polo concursante nos últimos oito anos contando desde:

a) A adquisición da condición de funcionario de carreira; non obstante, ó persoal que como consecuencia da aprobación da RPT do PAS funcionario no ano 2000 vira modificada a área de adscrición do seu posto de traballo ou suprimido este, consideraráselle o traballo realizado a partir do 21 de xuño de 2000 e ata a obtención de destino definitivo no correspondente concurso, como desempeñado nos pos

tos que estaban para ocupar na data de aprobación da RPT'00.

b) A adquisición da condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo, para os funcionarios desta universidade que adquiriran esta condición pola quenda de prazas afectadas polo artigo 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Cada ano (365 días) recibirá a seguinte puntuación, rateándose por meses (1 mes=30 días) os períodos inferiores ó ano (non se tomarán en consideración os períodos inferiores ó mes):

NiveisIgual área que a do posto

ó que se aspira

Diferente área que a do

posto ó que se aspira

29-30

0,65

0,50

27-28

0,62

0,47

25-26

0,59

0,44

23-24

0,56

0,41

21-22

0,53

0,38

19-20

0,50

0,35

17-18

0,47

0,32

15-16

0,44

0,29

13-14

0,41

0,26

11-12

0,38

0,23

10 ou inferiores

0,35

0,20

Nas condicións previstas:

a) Os servicios prestados en administracións públicas distintas á universitaria puntuarán necesariamente na columna de diferente área.

b) Para concursar a e desde as prazas de administradores de centros os servicios prestados en universidades puntuarán na columna de igual área.

Áreas funcionais

2. Alumnado e Administración de centros:

-Servicio de Alumnado-S.I.O.P.E.-Xefaturas de Área Académica-Xefaturas de Administración-Aux. Admvos. PB destinados nos centros-Xefaturas de Negociado da Área Académica-Xefaturas de Negociado dos centros-Instituto Pedro Barrié de la Maza-Sección delegada de dereito en Vigo

3. Económica:

-S. de Contabilidade-S. de Xestión Económica e Contratación-S. de Control Interno-S. de Patrimonio e Inventario-Responsables de Asuntos Económicos-Xefaturas de Negociado de Área Económica-Aux. Admvos. PB de apoio ós R.A.E.

4. Persoal:

-S. de Recursos Humanos-S. de Xestión de Persoal

5. Servicios á comunidade universitaria e atención ós órganos de goberno:

-Persoal restante

Sen adscrición a área

Administradores de centros.

D.2. Grao persoal consolidado: valorarase ata un máximo de 2 puntos o grao persoal máis elevado que se teña consolidado.

GraoPuntos

30

2,00

29

1,90

28

1,80

27

1,70

26

1,60

25

1,50

24

1,40

23

1,30

22

1,20

21

1,10

20

1,00

19

0,90

18

0,80

17

0,70

16

0,60

15

0,50

14

0,40

13

0,30

12

0,20

11 e inferiores

0,10

Nos supostos nos que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal computarase, para efectos de puntuación neste punto, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo ó que pertenza o concursante na Universidade de Vigo.

E. Nivel de complemento de destino: do posto de traballo actual, desempeñado polo concursante con carácter definitivo ou con carácter provisional de non mediar reserva do posto de traballo.

NiveisPuntos

30

4

29

3,8

28

3,6

27

3,4

26

3,2

25

3,0

24

2,8

23

2,6

22

2,4

21

2,2

20

2,0

19

1,8

18

1,6

NiveisPuntos

17

1,4

16

1,2

15

1,0

14 ou inferior

0,6

V. Resolución do concurso.

Décimo oitava.-Os postos serán adxudicados ó candidato que obteña maior puntuación segundo o baremo establecido no punto cuarto. En caso de igualdade na puntuación total entre candidatos, dirimirase a prol do que obtivera maior puntuación segundo a seguinte orde dos méritos: carreira administrativa, grupo de clasificación, nivel de complemento de destino, antigüidade e formación. De persisti-lo empate, acudirase á data de ingreso na Administración como funcionario de carreira.

Décimo novena.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública.

Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios, polo que non darán dereito a ningún tipo de indemnización.

Vixésima.-A comisión de valoración fará pública a proposta provisional de adxudicación de destinos no taboleiro de anuncios dos rexistros xeral e auxiliares, establecéndose un prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación, para vista do expediente e formulación de reclamacións perante o presidente da comisión de valoración.

Vixésimo primeira.-Resoltas pola comisión de valoración as posibles reclamacións presentadas contra a proposta provisional, o presidente dela elevará proposta definitiva de resolución do concurso ó rector, que ordenará a súa publicación nos lugares previstos na base anterior.

Vixésimo segunda.-O concurso resolverase mediante resolución rectoral no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de remate do prazo de presentación de solicitudes, podendo prorrogarse por un mes máis. Nela figurarán as datas de cesamento e de toma de posesión.

Vixésimo terceira.-A presente convocatoria e os actos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de xaneiro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL

CAMPUS DE VIGO

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

SECRETARÍA DO RECTOR

00100 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

00100 PF1160 2POSTO BASE (tarde)SIC/D14

VICERRECTORADO DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E PROFESORADO

02500 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

02500 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

VICERRECTORADO DE PLANIFICACIÓN

00800 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

SECRETARÍA XERAL

01000 PF1023 1COORDINADOR DA SECRETARÍA XERALSIA/B26

01001 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DA ORIC/D18

01002 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE APOIO Á SECRETARÍA XERALC/D18

01003 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE INFORMACIÓN (Vigo)C/D18

01004 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE REXISTRO (Vigo)C/D18

01005 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE REXISTRO E INFORMACIÓN (Campus Lagoas-Marcosende)C/D18

01000 PF1160 5POSTO BASESIC/D14

01000 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

01000 PF1160 4POSTO BASESIC/D14

01000 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

01000 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

ASESORÍA XURÍDICA

01100 PF1011 1XEFE DE SERVICIOA28ESCALA DE LETRADOS

01100 PF1022 1LETRADOSIA26ESCALA DE LETRADOS

01101 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADOC/D18

01100 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

XERENCIA

01200 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

01200 PF1160 4POSTO BASE (apoio)SIC/D14

01200 PF1160 6POSTO BASE (apoio)SIC/D14

01200 PF1160 2POSTO BASE (apoio)SIC/D14

01200 PF1160 3POSTO BASE (apoio)SIC/D14

01200 PF1160 7POSTO BASE (apoio)SIC/D14

01200 PF1160 5POSTO BASE (apoio)SIC/D14

SERVICIO DE ALUMNADO

01400 PF1012 1XEFE DE SERVICIOSIA/B28

01410 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE ADMISIÓN E XESTIÓN ALUMNOSB/C25

01420 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE BOLSASB/C25

01430 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE TÍTULOS E PLANOS DE ESTUDIOB/C25

01423 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE ATENCIÓN A BOLSASC/D18

01421 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE BOLSAS MECC/D18

01422 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DOUTRAS BOLSASC/D18

01432 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE TÍTULOS OFICIAIS E PLANOS DE ESTUDIOC/D18

01433 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE TÍTULOS PROPIOSSIC/D18

01411 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE XESTIÓN DE ALUMNOSC/D18

01400 PF1160 5POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 6POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 8POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 4POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 1POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 10POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 2POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 11POSTO BASEC/D14

01400 PF1160 9POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE APOIO Á INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO

02200 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

02210 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTOB/C25

02211 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓNC/D18

02212 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS CACTI E OFICINA I+DC/D18

02213 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE APOIO Á INVESTIGACIÓNC/D18

02214 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE TERCEIRO CICLOC/D18

02215 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE PUBLICACIÓNS E DIFUSIÓN DA INVESTIGACIÓNC/D18

02200 PF1160 5POSTO BASEC/D14

02200 PF1160 9POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 4POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 6POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 7POSTO BASESIC/D14

02200 PF1160 8POSTO BASESIC/D14

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

SERVICIO DE CONTABILIDADE, ORZAMENTOS, TESOURERÍA E NÓMINAS

01500 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

01510 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE CONTABILIDADE E ORZAMENTOSA/B25

01520 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE TESOURERÍAA/B25

01501 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CONTABILIDADEC/D18

01502 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE INGRESOSC/D18

01503 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE PAGAMENTOSC/D18

01504 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE TESOURERÍAC/D18

01500 PF1160 3POSTO BASEC/D14

01500 PF1160 4POSTO BASEC/D14

01500 PF1160 2POSTO BASEC/D14

01500 PF1160 6POSTO BASESIC/D14

01500 PF1160 5POSTO BASEC/D14

01500 PF1160 1POSTO BASEC/D14

SERVICIO DE CONTROL INTERNO

01600 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

01610 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE CONTROL INTERNOA/B25

01601 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CONTROL INTERNOC/D18

01602 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE FISCALIZACIÓNC/D18

01603 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CONTROL FINANCEIROC/D18

01600 PF1160 2POSTO BASEC/D14

01600 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN DO ESTUDIANTE

01700 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

01710 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN DO ESTUDIANTEB/C25

01720 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIAB/C25

01702 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

01721 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIAC/D18

01711 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DO SIOPEC/D18

01703 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE DEPORTESC/D18

01700 PF1160 1POSTO BASEC/D14

01700 PF1160 4POSTO BASEC/D14

01700 PF1160 2POSTO BASEC/D14

01700 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE PATRIMONIO E INVENTARIO

01800 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

01801 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADOC/D18

01800 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

01900 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

01910 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE RECURSOS HUMANOSA/B25

01901 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOSC/D18

01902 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE PERSOAL DOCENTE FUNCIONARIOC/D18

01903 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE PERSOAL DOCENTE CONTRATADOC/D18

01900 PF1160 1POSTO BASEC/D14

01900 PF1160 2POSTO BASEC/D14

01900 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE XESTIÓN DE PERSOAL, NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS

02000 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

02020 PF1042 1XEFE DA SECCIÓN DE NÓMINAS E SEGUROS SOCIAISB/C25

02030 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE XESTIÓN DE PERSOALA/B25

02001 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE NÓMINAS E SEGUROS SOCIAISC/D18

02002 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE XESTIÓN DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOSC/D18

02003 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE XESTIÓN DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADORC/D18

02000 PF1160 2POSTO BASEC/D14

02000 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

02000 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

SERVICIO DE XESTIÓN ECONÓMICA E CONTRATACIÓN

02100 PF1012 1XEFE DE SERVICIOA/B28

02120 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE CONTRATACIÓNA/B25

02130 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE XESTIÓN ECONÓMICA E SUBMINISTRACIÓNSA/B25

02100 PF1070 2RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS-SERVICIOS CENTRAISC/D20

02100 PF1070 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS-SERVICIOS CENTRAISC/D20

02100 PF1070 3RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS-SERVICIOS CENTRAISC/D20

02104 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CAIXAC/D18

02101 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CONTRATACIÓN E XESTIÓN DE SERVICIOS E MANTEMENTOC/D18

02102 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE CONTRATACIÓN, OBRAS E ASISTENCIASC/D18

02103 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DE XESTIÓNC/D18

02100 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

02100 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

02100 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

CAMPUS HISTÓRICO: E.U.E.T. INDUSTRIAL e E.U. ESTUDIOS EMPRESARIAIS

31000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

31010 PF1062 1XEFE DA ÁREA ECONÓMICAB/C22

31011 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ECONÓMICAC/D18

31000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: T01C/D16

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL

31110 PF1061 1XEFE DA ÁREA ACADÉMICAB/C22

31111 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

31101 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

31110 PF1160 2POSTO BASEC/D14

31110 PF1160 1POSTO BASEC/D14

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDIOS EMPRESARIAIS

31210 PF1061 1XEFE DA ÁREA ACADÉMICAB/C22

31211 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

31201 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

31210 PF1160 2POSTO BASEC/D14

31210 PF1160 1POSTO BASEC/D14

CENTROS DE CIENCIAS EXPERIMENTAIS: FACULTADE DE CIENCIAS

32000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

32001 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

32000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C01-C03C/D16

32000 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C02-C04C/D16

32000 PF1140 3SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C07-T04C/D16

32000 PF1140 4SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C08 (C11-C12)C/D16

32000 PF1140 5SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C09C/D16

32000 PF1140 6SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C10-T15C/D16

ÁREA ACADEMICA

32010 PF1061 1XEFE DE ÁREAB/C22

32011 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

32010 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

32010 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

ÁREA ECONÓMICA

32020 PF1062 1XEFE DE ÁREAB/C22

32022 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ECONÓMICAC/D18

32021 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ECONÓMICAC/D18

32020 PF1160 1POSTO BASEC/D14

CENTROS TECNOLÓXICOS: E.T.S.E INDUSTRIAIS, E.T.S.E MINAS e E.T.S.E TELECOMUNICACIÓNS

33000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

33010 PF1062 1XEFE DE ÁREA ECONÓMICAB/C22

33012 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE ÁREA ECONÓMICAC/D18

33011 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE ÁREA ECONÓMICAC/D18

33010 PF1160 1POSTO BASE (industriais)SIC/D14

33000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: T02-T07C/D16

33000 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: T03-T05C/D16

33000 PF1140 3SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: T08C/D16

33000 PF1140 4SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: T10C/D16

33000 PF1140 5SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: T11C/D16

33000 PF1140 6SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: T13-T14C/D16

E.T.S. DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS-E.T.S. DE ENXEÑEIROS DE MINAS

33110 PF1061 1XEFE DE AREA ACADÉMICAB/C22

33111 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE ÁREA ACADÉMICAC/D18

33101 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAIS-INDUSTRIAISC/D16

33102 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAIS-MINASC/D16

33110 PF1160 2POSTO BASEC/D14

33110 PF1160 3POSTO BASESIC/D14

33110 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓNS

33210 PF1061 1XEFE DE AREA ACADÉMICAB/C22

33211 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE ÁREA ACADÉMICAC/D18

33201 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

33210 PF1160 1POSTO BASEC/D14

33210 PF1160 2POSTO BASEC/D14

CENTROS XURÍDICO-SOCIAIS E HUMANIDADES: F. CC. ECONÓMICAS e EMPRESARIAIS, F.CC. XURÍDICAS E DO TRABALLO e F. FILOLOXÍA e TRADUCCIÓN

34000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

34010 PF1062 1XEFE DA ÁREA ECONÓMICAB/C22

34011 PF 11101XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ECONÓMICAC/D18

34012 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ECONÓMICASIC/D18

34010 PF1160 1POSTO BASEC/D14

34000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: H11-H12C/D16

34000 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: H03-H04C/D16

34001 PF1110 1XEFE DO NEGOCIADO DOS DEPARTAMENTOS XURÍDICO-SOCIAISC/D18

34001 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: C05-C06C/D16

34001 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: X02-X12C/D16

34001 PF1140 7SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: X03-H10SIC/D16

34001 PF1140 3SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: X06C/D16

34001 PF1140 4SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: X07C/D16

34001 PF1140 5SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: X08-X11C/D16

34001 PF1140 6SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO: X09C/D16

FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

34110 PF1061 1XEFE DA ÁREA ACADÉMICAB/C22

34112 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

34101 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

34110 PF1160 1POSTO BASEC/D14

34110 PF1160 3POSTO BASEC/D14

34110 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

34110 PF1160 6POSTO BASESIC/D14

FACULTADE DE CC. XURÍDICAS E DO TRABALLO

34410 PF1061 1XEFE DA ÁREA ACADÉMICASIB/C22

34411 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

34401 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

34410 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

34410 PF1160 2POSTO BASESIC/D14

FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCCIÓN

34210 PF1061 1XEFE DA ÁREA ACADÉMICAB/C22

34211 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DA ÁREA ACADÉMICAC/D18

34201 PF1151 1XEFE DE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAISC/D16

34210 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

CAMPUS DE VIGO

35000 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE DEPARTAMENTOSSIC/D18

CAMPUS DE OURENSE

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

CAMPUS NORTE

13000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

13000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: HO5-X01C/D16

13000 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: X04-X05C/D16

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

13110 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

13111 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

13101 PF1150 1SECRETARÍA DE DIRECCIÓNC/D16

13110 PF1160 2POSTO BASEC/D14

13110 PF1160 1POSTO BASEC/D14

13500 PF1170 1PORTEIRO MAIORE14

ESCOLA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

13210 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

13211 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

13201 PF1150 1SECRETARÍA DE DIRECCIÓNC/D16

13210 PF1160 1POSTO BASEC/D14

FACULTADE DE CIENCIAS

13310 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

13311 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

13301 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

13310 PF1160 1POSTO BASEC/D14

FACULTADE DE HUMANIDADES

13410 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

13411 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

13401 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

13410 PF1160 1POSTO BASEC/D14

CAMPUS SUR

14000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

14010 PF1063 1XEFE DA ÁREA DE SERVICIOS Á COMUNIDADEB/C22

14011 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE SERVICIOS Á COMUNIDADEC/D18

14012 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE REXISTRO E INFORMACIÓNC/D18

14010 PF1160 1POSTO BASEC/D14

14010 PF1160 2POSTO BASEC/D14

FACULTADE DE CIENCIAS EMPRESARIAIS

14110 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

14111 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

14101 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

14110 PF1160 1POSTO BASEC/D14

14110 PF1160 2POSTO BASEC/D14

FACULTADE DE DEREITO

14210 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

14211 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

14201 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

14210 PF1160 1POSTO BASEC/D14

14210 PF1160 2POSTO BASEC/D14

CAMPUS DE PONTEVEDRA

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

21000 PF1020 1ADMINISTRADOR DE CENTROSA/B26

21010 PF1063 1XEFE DE ÁREA DE SERVICIOS Á COMUNIDADEB/C22

21011 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADO DE SERVICIOS Á COMUNIDADEC/D18

21001 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS-ESCOLA UNIVERSITARIA DE FISIOTERAPIAC/D18

21010 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

21000 PF1140 1SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: H07-H09C/D16

21000 PF1140 2SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: H08-T06C/D16

21000 PF1140 3SECRETARÍA DE DEPARTAMENTOS: X10C/D16

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENXEÑERÍA TÉCNICA FORESTAL

21110 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

21111 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

21101 PF1150 1SECRETARÍA DE DIRECCIÓNC/D16

21110 PF1160 1POSTO BASEC/D14

ESCOLA UNIVERSITARIA DE FISIOTERAPIA

21201 PF1110 1XEFE DE NEGOCIADOC/D18

21202 PF1150 1SECRETARÍA DE DIRECCIÓNSIC/D16

FACULTADE DE BELAS ARTES

21310 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

21311 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

21301 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

21310 PF1160 1POSTO BASEC/D14

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

21410 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

21411 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

21401 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

21410 PF1160 1POSTO BASEC/D14

21410 PF1170 1PORTEIRO MAIORE14

FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS

21510 PF1060 1XEFE DE ADMINISTRACIÓNB/C22

21501 PF1150 1SECRETARÍA DE DECANATOC/D16

21510 PF1160 1POSTO BASEC/D14

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

CAMPUS DE VIGO

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

39000 PF1010 1DIRECCIÓNSIA28

39000 PF1030 1SUBDIRECCIÓNA/B26

39400 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE ACCESO A DOCUMENTOA/B25

39500 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE ADQUISICIÓNSA/B25

39600 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE ARQUIVOA/B25

39100 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE COORDINACIÓN E PROCESO TÉCNICOA/B25

39700 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE HEMEROTECAA/B25

39800 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE PRÉSTAMO E CIRCULACIÓNA/B25

39900 PF1041 1XEFE DA SECCIÓN DE REFERENCIAA/B25

39000 PF1051 1XEFE DE ÁREA SECCIÓN DE COORDINACIÓNA/B23

39010 PF1052 1DIRECCIÓN BIBLIOTECA CAMPUS HISTÓRICOA/B23

39000 PF1090 5AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 6AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)SIB20

39000 PF1090 4AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 7AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 2AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 1AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 3AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 11AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

39000 PF1090 9AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Tarde)SIB20

39000 PF1090 8AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Tarde)SIB20

39000 PF1090 10AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Tarde)SIB20

39000 PF1120 1RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSC/D18

39000 PF1160 1POSTO BASESIC/D14

CAMPUS DE OURENSE

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

19000 PF1043 1DIRECCIÓNA/B25

19000 PF1053 1SUBDIRECCIÓNA/B23

19000 PF1053 2SUBDIRECCIÓNA/B23

19000 PF1090 1AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

19000 PF1090 2AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

19000 PF1090 3AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Tarde)SIB20

19000 PF1160 1POSTO BASEC/D14

CAMPUS DE PONTEVEDRA

CÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNVACANTEGRUPOCDREQUISITOS

29000 PF1043 1DIRECCIÓNA/B25

29000 PF1053 1SUBDIRECCIÓNA/B23

29000 PF1090 2AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

29000 PF1090 1AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

29000 PF1090 3AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Mañá)B20

29000 PF1090 4AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. (Tarde)B20

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA