A base 5.3 da Resolución do 12 de setembro de 2002, pola que se convoca procedemento selectivo para a cobertura con persoal laboral fixo de dúas prazas de enxeñeiros de camiños, canles e portos deste ente público, establece que o presidente da
comisión de selección será o presidente do ente público.
O artigo 6.3º k) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, dispón que lle compete ó presidente conferi-las delegacións de facultades propias que considere convenientes.
Na súa virtude, e de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
RESOLVO:
Delegar en Manuel Viñas Agis a competencia da presidencia da comisión de selección encargada de cualifica-lo proceso para a cobertura con persoal laboral fixo de dúas prazas de enxeñeiros de camiños, canles e portos deste ente público.
As resolucións administrativas que se adopten, facendo uso da delegación contida nesta resolución, farán constar expresamente esta circunstancia e considéranse dictadas pola autoridade que as conferiu.
En calquera momento o presidente de Portos de Galicia poderá reclama-lo exercicio da competencia que é delegada por esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia