Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.419

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a delegación da presidencia da comisión de selección encargada de cualifica-lo proceso para a cobertura con persoal laboral interino de sete prazas de celadores-gardapeiraos do ente público Portos de Galicia.

A base 5.3 da Resolución do 22 de marzo de 2002, pola que se convoca procedemento selectivo para a cobertura con persoal laboral interino de sete prazas de celadores-gardapeiraos deste ente público, establece que o presidente da comisión de selección será o presidente do ente público ou persoa en quen delegue.

Por outra banda, o artigo 6.3º k) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, dispón que lle compete ó presidente conferi-las delegacións de facultades propias que considere convenientes.

Na súa virtude, e de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Delegar en Manuel Viñas Agis a competencia da presidencia da comisión de selección encargada de cualifica-lo proceso para a cobertura con persoal laboral interino de sete prazas de celadores-gardapeiraos deste ente público.

As resolucións administrativas que se adopten, facendo uso da delegación contida nesta resolución, farán constar expresamente esta circunstancia e considéranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

En calquera momento o presidente de Portos de Galicia poderá reclama-lo exercicio da competencia que é delegada por esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia