Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.395

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 144/2003, do 6 de febreiro, polo que se nomea delegado provincial de Ourense a José Lage Lage.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil tres,

Nomeo a José Lage Lage delegado provincial de Ourense.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA