Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.394

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 140/2003, do 6 de febreiro, polo que se dispón que cese José Lage Lage como delegado provincial de Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, José Lage Lage, como delegado provincial de Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local