Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.394

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 141/2003, do 6 de febreiro, polo que se dispón que cese Cristina Fernández Rodríguez como delegada provincial de Ourense da Consellería de Asuntos So-

ciais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Cristina Fernández Rodríguez, como delegada provincial de Ourense da Consellería de Asuntos Sociais.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais