Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xaneiro de 2003 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos.

A Xunta de Galicia, a través do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), regula a formación permanente do profesorado que imparte

ensinanzas de niveis non universitarios en centros docentes públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma galega e establece, no punto 2º do seu artigo 1, que a dita formación permanente se desenvolverá a través do Servicio de Formación do Profesorado e dos Centros de Formación e Recursos.

Para poder levar a cabo as súas funcións nos centros de formación e recursos existe un equipo de asesores e asesoras de formación, sendo competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determina-lo perfil profesional deles, o procedemento para o acceso á función asesora, o proceso de avaliación do exercicio dela e o cadro de persoal de asesores e/ou asesoras de cada centro de formación e recursos.

O perfil profesional dos candidatos e candidatas para desempeñar postos de asesores ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos deberá responder ó dun profesional do ensino de niveis educativos non universitarios capaz de desenvolve-las funcións que recolle o Decreto 245/1999, no punto 2º do seu artigo 15. E, polo tanto, é importante que posúa unha sólida formación didáctica e pedagóxica, cun amplo coñecemento dos elementos que compoñen o proxecto educativo de centro, así como dos recursos didácticos de apoio ó ensino.

Neste senso, consideraranse as destrezas básicas no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ó ensino, os fundamentos e as estratexias de avaliación e a capacidade de innovación e producción de materiais didácticos.

Ademais, deberá ser unha persoa capacitada para integrarse en equipos de traballo, con dotes de organización, comunicación e dinamización para desempeña-las súas tarefas de asesoramento.

Debido á existencia de vacantes no cadro de asesores ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos, cómpre proceder a realiza-la oferta pública destas prazas.

En consecuencia, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócase concurso público de méritos para cubri-los postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos e nas seccións que se especifican no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Concursantes.

Poderán participar neste concurso os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios, con destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que reúnan os requisitos xerais fixados no artigo 3º desta orde.

Artigo 3º.-Requisitos.

Os profesores e as profesoras solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos con data do 31 de agosto de 2003:

1. Encontrarse en situación de servicio activo, ou de servicios especiais, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Contar cun mínimo de 3 anos de experiencia docente como funcionario de carreira. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

Artigo 4º.-Instancias e documentación.

1. Instancias.

A. Os participantes no concurso deberán presenta-la súa solicitude mediante instancia axustada ó modelo que se publica no anexo II desta convocatoria, indicando as prazas que se solicitan por orde de preferencia.

B. A instancia, así como a documentación á que se alude no artigo 4º.2 da presente convocatoria, poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela), nos rexistros das delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

A. Folla de alegación e autobaremación, axustada ó modelo que se publica no anexo IV desta convocatoria.

B. Documentación á que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar tódolos servicios e méritos alegados así como unha relación numerada, datada e asinada dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

C. Proxecto de traballo como asesor ou asesora de formación dos centros de formación e recursos, cunha extensión máxima de 20 páxinas, tamaño DIN-A4, a unha soa cara, a dobre espacio e tamaño de letra de 12 puntos.

Os solicitantes das asesorías relacionadas coas tecnoloxías da comunicación e da información presentarán un anexo ó proxecto no que se faga referencia a elas. A extensión máxima do anexo será de 10 páxinas, coas características de presentación especificadas no parágrafo anterior.

Na valoración dos proxectos terase en conta o carácter innovador na súa formulación, así como a capacidade para organizar, orientar e dar resposta ás situacións coas que poidan atoparse no desenvolvemento da súa tarefa de asesoramento.

Artigo 5º.-Prazo de presentación.

1. O prazo de presentación de instancias e documentos será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os méritos alegados fóra do prazo de presentación das solicitudes non se terán en conta nin serán valorados.

Artigo 6º.-Comisión de selección.

1. O presente concurso será resolto por unha comisión de valoración formada polos seguintes membros:

-Presidente: o secretario xeral, ou persoa en quen delegue.

-Vocais: ata un máximo de catro vocais, con categoría de subdirector xeral, xefe de servicio ou membros da Inspección Educativa.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

-A comisión poderá solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, limitándose os devanditos asesores a prestaren a súa colaboración.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, estando cualificadas na categoría primeira.

Artigo 7º.-Selección.

O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira na que se valorarán os méritos alegados e mailo proxecto, e unha segunda na que se realizará unha entrevista ós aspirantes que superen a primeira fase.

Artigo 8º.-Primeira fase da selección.

1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no

anexo III. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, así como na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

2. Os aspirantes poderán presenta-las alegacións que coiden convenientes contra a listaxe provisional, dirixidas ó presidente da comisión, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no artigo 4º.1 b) desta orde.

3. Unha vez estudiadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nos epígrafes de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Artigo 9º.-Segunda fase da selección.

1. Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto serán convocados pola comisión de selección á realización dunha entrevista para apreciar mellor as circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado e sobre o desenvolvemento das funcións de asesoría.

2. Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista non poderán ser propostos pola comisión, e serán seleccionados aqueles aspirantes que obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes contemplados no baremo establecido no anexo III, para a praza que solicitan.

3. No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 7, 1.1, 1.2, 1.4, 2.3 e 5.

Artigo 10º.-Proposta de nomeamento.

1. A relación provisional dos concursantes preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Establecerase un prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para que os interesados poidan efectua-las posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.

2. Unha vez resoltas as reclamacións, admitidas as posibles renuncias e superado un proceso de formación por parte dos seleccionados, a comisión remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas

con mención do posto que se lle adxudicará a cada unha delas.

Artigo 11º.-Resolución da convocatoria.

1. Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación de postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. As prazas adxudicadas son irrenunciables. Os funcionarios e funcionarias docentes que resulten seleccionados por esta convocatoria quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir da data que se indique na resolución definitiva, e permanecerán neles en réxime de comisión de servicios, con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis no suposto de superación do proceso de avaliación do exercicio da súa actividade (artigo 15 do Decreto 245/1999).

Artigo 12º.-Devolución da documentación presentada.

Unha vez transcorridos tres meses desde a data de publicación da resolución definitiva, os interesados, ou os seus representantes legais, poderán retira-la documentación ante o presidente da comisión.

Artigo 13º.-Aplicación e desenvolvemento.

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

POSTOS DE ASESORES E/OU ASESORAS DOS CENTROS

DE FORMACIÓN E RECURSOS E DAS SÚAS SECCIÓNS

Centro de formación

e recursos

Nº de asesorías

xerais

Nº de asesorías

de tecnoloxías

da comunicación

e da información

Total

-Sección de Cee...112

-Sección de Burela...1-1

-Pontevedra...-11

ANEXO II

BAREMO

Méritos

Puntos por curso, actividade, etc.

Total

puntos

máximo

Documentos xustificativos

1. Méritos específicos relacionados co posto ó que aspira.Fotocopias cotexadas das certificacións acreditativas.
1.1. Dirección ou coordinación de actividades de formación do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades. Non se valorarán as actividades realizadas durante o período de desempeño da súa función nas estructuras de formación.Ata 25 horas: 0,05

De 26 a 50 horas: 0,10

De 51 a 100 horas: 0,15

Máis de 100 horas: 0,20

1
1.2. Participación como relator/a en actividades de formación do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades. Non se valorarán as actividades realizadas durante o período de desempeño da súa función nas estructuras de formación.Ata 5 horas: 0,05

De 6 a 10 horas: 0,10

Máis de 10 horas: 0,15

1
1.3. Participación en programas europeos.0,25 por actividade0,5
1.4. Participación en programas ou actividades de investigación e innovación educativa que sexan convocados ou recoñecidos pola Administración.0,25 por actividade2
1.5. Por cada ano de servicio nas estructuras de formación do profesorado.0,50 por ano2

2. Asistencia a actividades de formación.Fotocopias cotexadas das certificacións acreditativas.
Por asistencia a actividades de formación do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades:
2.1. Actividades relacionadas coas estratexias de intervención, organización e dinámica de grupos.1
2.2. Actividades relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación.Ata 25 horas: 0,05

De 26 a 50 horas: 0,10

De 51 a 100 horas: 0,15

Máis de 100 horas: 0,20

1
2.3. Actividades relacionadas con aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación.1
2.4. Actividades relacionadas cos idiomas, cos temas transversais do currículo ou coa atención á diversidade.0,5

3. Publicacións.Exemplares correspondentes con ISBN ou ISSN.
3.1. Publicacións de carácter científico, pedagóxico e didáctico.Por libro: ata 1

Por artigo: ata 0,25

Por vídeo, casette, CD, disquete e outras similares: ata 0,25

2

4. Titulacións académicas.Fotocopias cotexadas dos títulos ou certificacións de estudios.
4.1. Polo título de doutor.1
4.2. Por cada titulación de grao superior distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,502
4.3. Por cada titulación universitaria de grao superior en ciencias da educación (sección de ciencias da educación), pedagoxía ou psicopedagoxía, distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,75
4.4. Por cada titulación universitaria de grao medio ou diplomatura distinta á alegada para o acceso ó corpo desde o que participa.0,25
4.5. Outros estudios de posgrao (cursos do programa de doutoramento, títulos propios da universidade, mestrados, etc.)0,10

5. Antigüidade.

Por cada ano de servicio como funcionario/a de carreira (non se computarán os esixidos como requisito).

0,203Folla de alegación e autobaremación e fotocopia cotexada do nomeamento como funcionario/a de carreira.

6. Cursos de lingua galega.Iniciación: 0,50

Perfeccionamento: 1

1Fotocopias cotexadas.

7. Proxecto de traballo como asesor/a de formación permanente do profesorado e entrevista.

(Puntuación mínima esixida para este epígrafe: 4 puntos para o proxecto e 4 puntos para a entrevista)

Proxecto: 6

Entrevista: 6

12Proxecto (máximo: 20 páxinas e 10 para o anexo, se procede).

ANEXO IV

NOTA: úse o públicado na páxina 1.358.

Concepto

Puntuacións

parciais

(máximo)

Puntuación

total

1. Méritos específicos relacionados co posto ó que aspira.

1.1. Dirección ou coordinación de actividades de formación do profesorado.1

1.2. Participación como relator/a en actividades de formación do profesorado.1

1.3. Participación en programas europeos.0,5

1.4. Participación en programas ou actividades de investigación e innovación educativa.2

1.5. Por cada ano de servicio nas estructuras de formación do profesorado.2

Concepto

Puntuacións

parciais

(máximo)

Puntuación

total

2. Asistencia a actividades de formación.

Por asistencia a actividades de formación do profesorado:

2.1. Actividades relacionadas coas estratexias de intervención, organización e dinámica de grupos.1

2.2. Actividades relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación.1

2.3. Actividades relacionadas cos aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación.1

2.4. Actividades relacionadas cos idiomas, cos temas transversais do currículo ou coa atención á diversidade.0,5

3. Publicacións.

3.1. Publicacións de carácter científico, pedagóxico e didáctico.2

Concepto

Puntuacións

parciais

(máximo)

Puntuación

total

4. Titulacións académicas (máximo 2 puntos).

4.1. Polo título de doutor.1

4.2. Por cada titulación de grao superior distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,5

4.3. Por cada titulación de grao superior en ciencias da educación distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,75

4.4. Por cada titulación de grao medio ou diplomatura distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,25

4.5. Outros estudios de posgrao.0,10

5. Antigüidade (máximo 3 puntos).

Por cada ano de servicio como funcionario/a de carreira (non se computarán os esixidos como requisito).

0,20

6. Cursos de lingua galega (máximo 1 punto)

Iniciación

Perfeccionamento

0,5

1

(Lugar, data e sinatura)