Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se regulan os permisos e indemnizacións por razón de servicio derivados do proceso electoral para órganos de representación de persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Ante o proceso de eleccións sindicais para representantes da xunta de persoal e membros de comités de empresa e delegados de persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde que terá lugar no presente ano, cómpre establece-lo sistema de permisos ós membros das candidaturas, compoñentes das mesas electorais, representantes da Administración nelas, interventores, apoderados das candidaturas e ós electores das devanditas institucións sanitarias.

Xa que logo, esta división, en uso das súas competencias previstas no Decreto 45/2002, do 8 de febreiro (DOG nº 37, do 20 de febreiro) polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, e na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do organismo,

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto de ámbito de aplicación.

Esta resolución ten por obxecto establece-los permisos necesarios para executa-lo proceso de elec

cións sindicais de representantes da xunta de persoal, membros de comités de empresa e delegados de persoas das institucións sanitarias de Servicio Galego de Saúde, que terá lugar nos meses de febreiro e marzo do presente ano, para os membros das candidaturas, compoñentes das mesas electorais, representantes da Administración nelas, interventores, apoderados das candidaturas e ós electores das devanditas institucións sanitarias. Así tamén se regula o réxime de indemnizacións por razóns de servicio para este persoal.

Segundo.-Reunións previas.

Os compoñentes das mesas electorais e representantes da Administración desfrutarán de permisos polo tempo indispensable para asistir ás xuntas da mesa electoral, incluídos os desprazamentos fóra da súa residencia oficial. Os ditos desprazamentos, debidamente xustificados, darán lugar a percibi-las axudas de custos e gastos de viaxes previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG nº 122, do 25 de xuño) sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Terceiro.-Permisos mesas electorais.

Os membros das mesas, titulares ou suplentes, representantes da Administración, interventores ou apoderados, disporán dun permiso retribuído da xornada completa no día da votación, así como a xornada inmediatamente posterior, sempre que exercesen o seu cargo como membros das mesas. Así mesmo, os membros das mesas incluídos os que figuran como primeiros suplentes, disporán de licencia retribuída

correspondente á garda, quenda, atención continuada ou ben prolongación de xornada que inclúa necesariamente a noite inmediatamente anterior á data de votación, sempre que posteriormente se confirme a súa asistencia ó acto de constitución da mesa no día de votación, aínda que finalmente non forme parte da mesa por figura-lo titular.

Os primeiros suplentes que comparezan ó acto de constitución citado e non exercesen o cargo serán compensados co tempo de desprazamento e comparecencia cunha hora na inmediata quenda que lle corresponda traballar, de coincidi-la mesa co centro de traballo. De non ser así, serán compensados ademais co tempo que razoablemente se calcule como de desprazamento.

Cuarto.-Permiso especial para mesa coordinadora.

Os membros das mesas coordinadoras, titulares ou suplentes, de exerceren o seu cargo, disporán de permiso durante os dous días inmediatamente posteriores á data da votación.

Quinto.-Permiso electores.

O persoal que presta servicios nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde que teña a condición de elector disporá, en función do lugar da mesa electoral na que exercerá o seu dereito de voto, dos permisos seguintes:

1. De atoparse a mesa electoral no mesmo centro de traballo onde presta os seus servicios, do tempo imprescindible para deposita-lo seu voto.

2. Cando a mesa electoral estea situada en diferente centro de traballo do que se atopa prestando os seus servicios o elector, pero na mesma localidade, ata un máximo de dúas horas.

3. Se a mesa está situada nun centro de traballo doutra localidade distinta á do centro de traballo do votante, ata un máximo de catro horas.

4. O persoal de cota e zona disporá do permiso correspondente, establecido nos parágrafos anteriores, fóra do horario de consulta, durante o período da xornada correspondente á asistencia domiciliaria.

Nos supostos 2º e 3º demandarase ós electores o xustificante da efectividade do voto, expedido polo presidente da mesa electoral na que exerza o seu dereito.

O personal que teña unha xornada ou quenda de traballo, que na data da votación non coincida polo menos en catro horas co horario establecido para a apertura da mesa electoral na que lle corresponda votar, non terá dereito a permiso.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA