Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso

selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base IV da citada convocatoria, publica-la proposta da aspirante que superou, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A puntuación da aspirante establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria e é a que figura no anexo I, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

Vicente Ruiz Soldevilla

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes (acceso libre)

OpositoraDNIExame 1ºExame 2ºExame 3ºExame 4ºConcursoNota final

Saiz Alonso, Josefina35998724-K12,5017,50Exento515,2449,24