Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2003, do tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de enxeñeiros técnicos forestais, pola que se fai pública a corrección de determinadas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2003, o tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais), convocado pola Orde do 8 de outubro de 2002, acordou a anulación das preguntas 1, 10, 30 e 55 do primeiro exercicio da fase de oposición,

así como determinar como resposta válida para a pregunta 73 a recollida na letra b desta.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do tribunal