Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.253

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos no concurso 3/2002 para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 19 de decembro cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 251, do 30 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-la relación provisional de solicitantes admitidos no concurso 3/2002, para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia, que figura como anexo a esta resolución.

Os solicitantes que non figuren na devandita relación de admitidos disporán dun prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación provisional de instancias admitidas do concurso 03/02

Apelidos e nomeDNI

Aguilar Vázquez, Nuria33296166-D

Alberte Aparicio, Eva34979681-Q

Barriuso Noya, Francisco Javier32829871-Q

López Vizcaíno, María Esther76575190-W

Moyano Pérez, Sara Isabel33319991-Y