Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 28 de xaneiro de 2003 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro de reeducación de menores Xoán Vicente Viqueira (Santiago de Compostela).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía en relación co artigo 148.1º.20 da Constitución española.

En virtude da mencionada atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais como servicio público da Comunidade Autónoma. Esta lei regula como servicios sociais de atención especializada, entre outros, os dirixidos á familia, infancia e xuventude, e recolle determinados programas e equipamentos entre os que figuran os centros de menores.

As competencias relativas á creación e xestión de centros de menores son atribuídas á Xunta de Galicia, a través da consellería competente, na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia.

En desenvolvemento desta última lei e co fin de garanti-la adecuada prestación de servicios, controla-la calidade da atención e recoñece-los dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servicios sociais o cal establece que os centros propios da Administración auto

nómica crearanse por decreto, precisando orde da consellería competente para o inicio das súas actividades.

Por outra banda o artigo 45 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, establece que a execución das medidas adoptadas polos xuíces de menores nas súas sentencias firmes, son competencia das comunidades autónomas, e capacita estas para que, de acordo coas súas respectivas normas de organización, creen e leven a cabo os servicios e programas axeitados para o correcto desenvolvemento das medidas previstas na lei.

Unha vez creado o centro de reeducación de menores Xoán Vicente Viqueira mediante o Decreto 358/2002, do 19 de decembro (DOG do 7 de xaneiro de 2003) e unha vez comprobado que cumpre cos requisitos establecidos no Decreto 243/1995 anteriormente mencionado, procede concede-lo permiso de inicio de actividades.

Así pois, en virtude do anteriormente exposto e en uso das facultades atribuídas á conselleira no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio de actividades do centro de reeducación de menores Xoán Vicente Viqueira, sito no lugar de Roxos, Villestro, 15896 Santiago de Compostela, coas condicións que figuran no anexo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Domicilio: lugar de Roxos-Villestro.

Tipoloxía: centro de menores, carácter residencial, reeducación, réxime de internamento.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA