Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 138/2003, do 16 de xaneiro, polo que se aproba a disolución da agrupación voluntaria dos concellos de Ourol e Muras, da provincia de Lugo, para sostemento en común da praza de secretaría-intervención.

Os concellos de Ourol e Muras en sesións plenarias celebradas o día 26 de setembro de 2002, acordaron aprobar definitivamente a disolución da agrupación dos ditos concellos para sostemento en común da praza de secretaría-intervención e, eleva-lo expediente á Xunta de Galicia para a súa aprobación.

As variacións que tiveron lugar nos indicados concellos nos últimos anos no que se refire ós recursos ordinarios é polo que se estima necesario a disolución da referida agrupación, ó considerar insuficiente a asistencia a ámbolos concellos por parte dun só secretario-interventor, requiríndose ante un maior volume de traballo, a asunción separada de funcións.

O expediente axústase ó disposto nos artigos 2 e 3 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e 165 e ss. da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A Deputación Provincial de Lugo remitiu informe favorable, así como a Delegación do Goberno da Comunidade Autónoma Galega.

A competencia para aproba-la disolución da agrupación de municipios para o sostemento en común dun posto único de secretaría-intervención correspóndelle á Xunta de Galicia, segundo o diposto no artigo 3 b) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e o artigo 167 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Aproba-la disolución da agrupación dos concellos de Ourol e Muras para o sostemento en común dun posto único de secretaría-intervención. Os novos postos que se poidan crear a consecuencia desta disolución deberán ser clasificados polo órgano competente.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais