Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 13 de xaneiro de 2003, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación e servicios na travesía da Mariña.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: douscentos trinta e seis mil seiscentos sesenta e cinco euros con dous céntimos (236.665,02 A) de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 171.446,69 A.

Gastos xerais: 22.288,07 A.

Beneficio industrial: 10.286,80 A.

IVE: 32.643,46 A.

4. Garantías:

a) Provisional: catro mil setecentos trinta e tres euros con trinta céntimos, 4.733,30 A.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (Diario Oficial de Galicia e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 14 de xaneiro de 2003.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental