Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a poxa das casetas da praza de abastos que se relacionan a continuación:

Nº de caseta/naveActividade

NC44 (nave 1)Obrador de carnes

NC70 (nave 1)Carnicería

Orzamento de licitación: establécese como tipo de licitación para cada caseta o seguinte:

NC44 (nave 1)601,01 euros

NC70 (nave 1)1.502,53 euros

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

As ofertas realizaranse de xeito independente para cada caseta.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de quince días naturais, que comezará a contar e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: non se esixe.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33; fax: 981 57 76 27.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde