Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación, por concurso urxente, polo procedemento aberto, para a adxudicación do Plan de Dinamización Turística da Comarca do Baixo Miño.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse, individualmente para cada obra nas oficinas da sede desta mancomunidade (Concello de Tui) no prazo de trece días naturais, en horario das 9 ás 14 horas, a partir da última publicación do edicto no BOP, podéndose examinar nelas o correspondente prego de condicións.

Tui, 23 de decembro de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Presidente da Mancomunidade Intermunicipal

do Baixo Miño