Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 4548/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 12 de decembro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar inicialmente o estudio de detalle da parcela do pavillón deportivo sito no Campus Universitario de Ourense, promovido por Augusto Viso Alonso como xerente da Universidade de Vigo, coas condicións sinaladas no informe do xefe da oficina técnica de Xestión Urbanística do Servicio de Planeamento e Xestión, do 29 de novembro de 2002, do que se dará traslado ó interesado.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, unha vez aprobado inicialmente someterase a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia».

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de decembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente