Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de subministración.

Obxecto: subministración de equipamento da Residencia Municipal de Anciáns Dolores Díaz de Dávila, 1ª fase.

Orzamento:

Lote I. Moblaxe diversa: 82.858,89 euros.

Lote II. Sala TV: 2.758,72 euros.

Lote III. Lavandería: 44.818,56 euros.

Total orzamento: 130.436,17 euros.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderanse presentar no rexistro xeral, Negociado de Contratación, ata as 14 horas do día dentro do prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 16 de xaneiro de 2003.

Antonio Campo Fernández

Alcalde