Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 456).

Por resolución desta alcaldía 5912/2002, do 18 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na UE-4, na Lagoa-Maianca, tramitado por Residencial Laguna, Promociones R, S.L.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 26 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta