Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende (Teo-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cacheiras-Recesende (Teo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 151/1993, do 24 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 128, do 7 de xullo).

Primeiro.-Con data do 23 de decembro de 2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración da zona de Cacheiras-Recesende (Teo-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ó público no Concello de Teo e na zona, durante trinta días hábiles contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio Xurídico Administrativo (edif. administrativo, 6º andar, praza de Luis Seoane, s/n, A Coruña) nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo den

tro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigo 41 da Lei 12/2001, que modifica á Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria).

A Coruña, 10 de xaneiro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña