Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-3/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 11 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na Área de Planeamento Incorporado API-H12.01 A Regueira-Montserrat, redactada de oficio por técnicos municipais.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpor o contencioso-administrativo será de dous meses, contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes, desde a interposición de recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 28 de novembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo