Aprobado pola Comisión de Goberno, inicialmente, o proxecto de urbanización denominado pavimentación e servicios da rúa de enlace entre Luis Soto Lemos e Emilia Pardo Bazán, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas, Francisco Javier Ruiz del Olmo y Barba, exponse ó público polo prazo dun mes, seguinte á aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que
queira examinalo na Secretaría do Concello, para facer alegacións.
Chantada, 13 de decembro de 2002.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde