Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de decembro de 2002 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia acordada polo Pleno que tivo lugar o día 25 de setembro de 2002.

Advertidos erros na publicación da devandita resolución, publicada no DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2003, procede face-las seguintes correccións:

-Na páxina 14, do DOG nº 1, no posto número 035 na columna Vac., onde di: «Non», debe dicir: «Si».

-Na páxina 14, do DOG nº 1, no posto número 038 na columna Formación específica, onde di: «Exp. en arquivos, bibliotecas e outros centros de información», debe dicir: «Exp. en arquivos».

-Nas páxinas 14 e 15, do DOG nº 1, nos postos número 055 a 073, ámbolos dous incluídos, na columna Tipo posto, onde di: «S», debe dicir: «N.S.».

-Na páxina 15, do DOG nº 1, no cadro de persoal laboral, os postos número 001 a 007, ámbolos dous incluídos, na columna Vac., onde di: «Non», debe dicir: «Si».