Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 267/2002 PRO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 abril, e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia, sobre droga.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º de dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 267/02 PRO.

Denunciado: José Manuel Yáñez Rouco.

Último enderezo coñecido: O Atallo, nº 1-1º. Rego do Muíño. As Pontes.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.

A Coruña, 25 de novembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña