Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 20 de novembro de 2002, aprobou a contratación para a subministración e instalación de xogos infantís e adecuación de áreas de xogo en diversas zonas do Concello de Lugo, e a súa adxudicación polo procedemento aberto e pola forma de concurso. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración e instalación de xogos infantís e adecuación de áreas de xogo en diversas zonas do Concello de Lugo, segundo o establecido no prego de condicións técnicas, e sendo as zonas de actuación:

A) Substitución de xogos antigos existentes, pero que están fóra da norma na praza Roxa, Montirón, parque da Milagrosa, Fonte dos Ranchos e parque de Albeiros, e adecuación no caso necesario das áreas de xogos á normativa de seguridade existente en 1177.

B) Novas dotacións de xogos na Illa Verde e entre os carrís das Flores e das Hortas e adecuación das áreas de xogo á normativa de seguridade existente (EN 1177).

C) Creación e instalación de areeiros no Alexandre Bóveda, parque da Milagrosa, Albeiros, Montirón, Casas Sindicais, A Quinta de Pérez e Fonte dos Ranchos.

b) Prazo de execución: o prazo máximo é de 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: o prezo do contrato será o ofertado polos licitadores nas súas propostas. Non poderá ser superior a 66.111,33 euros, distribuídos da seguinte forma:

Lote A: 40.111,33 euros.

Lote B: 8.000 euros.

Lote C: 18.000 euros.

Cada lote será ofertado por separado, e cada empresa poderá presentar oferta para un ou varios lotes ou, se é o caso, para unha parte do lote.

5. Garantías:

Provisional: lote A: 802,23 euros. Lote B: 160 euros, e lote C: 360 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar con posterioridade, ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 715,97 euros, que serán por conta dos contratistas adxudicatarios.

Lugo, 5 de decembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

P.D.

Visto e prace

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente de alcalde, delegado da área