Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Mediante resolución da alcaldía nº 10/2003, do 10 de xaneiro, aprobouse a modificación das bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso, dunha praza de bibliotecario arquiveiro, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico-medio, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2002, que se publicaron integramente no BOP nº 289, do 18 de decembro de 2002.

Como consecuencia da modificación o parágrafo 3 da base 6ª queda redactado do seguinte xeito:

3. Cursos de formación, asistencia a congresos, xornadas e seminarios en materia bibliotecaria ou de arquivos, e cursos de informática xeral, impartidos por organismos e institucións competentes:

Bibliotecas:

-Duración superior a 100 horas: 1 punto.

-Duración entre 30 e inferior a 100 horas: 0,50 puntos.

-Duración inferior a 30 horas ou sen acreditación do número de horas: 0,10 puntos.

Total máximo puntuable: 2,5 puntos.

Arquivos:

Informática xeral:

-Duración superior a 100 horas: 1 punto.

-Duración entre 30 e inferior a 100 horas: 0,50 puntos.

-Duración inferior a 30 horas ou sen acreditación do número de horas: 0,10 puntos.

Total máximo puntuable: 1 punto.

A puntuación máxima deste parágrafo é de 6 puntos.

Laxe, 14 de xaneiro de 2003.

Antonio Carracedo Sacedón

Alcalde