Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de decembro de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución do expediente sancionador 186/2002 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a notificación de propostas de resolución de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 186/2002.

Denunciado: Peñaguda, S.L.

Enderezo: Ramón Cabanillas, 6, Moaña (Pontevedra).

Nº de expediente: 195/2002.

Denunciado: Marcos Rodríguez Estévez.

Enderezo: Vilar, 17, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 269/2002.

Denunciado: Dionisio Buceta Eirín.

Enderezo: Devesa-Alba (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio Provincial de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1 Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 4 de decembro de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio de Estradas