Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 769

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), sobre a publicación da puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión do día 13 de xaneiro de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquivos, bibliotecas e museos, á vista de que non se formularon alegacións á baremación pro

visional da fase de concurso, aprobada por resolución do tribunal do 3 de decembro de 2002 e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 236, do 9 de decembro, acordou publica-la puntuación definitiva da fase de concurso, que é a que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno formular recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Xavier Senín Fernández

Presidente do tribunal