Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos do Sindicato Independente de Traballadores de Autopistas e Autoestradas (Sita).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 25 de novembro de 2002, certificación expedida por Amador Durán Núñez, secretario xeral do referido sindicato, na que se fan consta-los acordos acadados pola asemblea extraordinaria, que tivo lugar o 24 de novembro de 2002, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais