Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xaneiro de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro de 2002, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia

(Grupo A)

Titular:

Presidente: Pablo Figueroa Dorrego, secretario xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Vocais:

José Vilas Nogueira, catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.

Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Rosa Álvarez González, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Natalia Cimadevila García, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidenta: Pilar García-Rodeja Gayoso, subdirectora xeral de Promoción da Economía Social e da Contratación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Vocais:

José María Lago García, subdirector xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente.

Lourdes Mella Méndez, profesora titular de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

María Luisa Vilas Agraso, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: María José Castro Carballal, xefa dos servicios administrativos do Valedor do Pobo.