Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno Corporativo deste Concello, na sesión extraordinaria realizada o día vintesete de novembro deste ano, o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal acceso SAU-2, exponse ó público polo prazo dun mes na Secretaría Municipal en horas hábiles de oficina.

O que se fai público para o seu exame e posibles reclamacións en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cee, 5 de decembro de 2002.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente