Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Bueu. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Número de expediente: GS2/2002.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de velatorio municipal. Lugar de execución: Bueu. Prazo duración: 50 anos. O contrato inclúe a construcción das instalacións segundo proxecto administrativo, se ben esta pode subcontratarse.

3. Tramitación ordinaria, procedemento aberto e forma de adxudicación concurso.

4. Tipo de licitación ou canon de explotación: non se fixa. Estimativamente o prezo do contrato é de 1.139.291 euros.

5. Garantías. Provisional: non esixible. Definitiva: 45.571,64 euros. Complementaria: 17.413,37 euros. Esta última cancelarase trancorrido o prazo dun ano desde a recepción conforme das obras.

6. Obtención de información e documentación no Concello de Bueu. R/ Eduardo Vicente, 10, 36930 Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, esta incluído.

7. Requisitos específicos do contratista. Requistos xerais sinalados no prego de condicións económico administrativas.

a) Acreditación da solvencia económico-financeira mediante informe dunha institución financeira, ou se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de idemnización por riscos profesionais.

b) Xustificación da solvencia técnico-profesional para a explotación do servicio. Deberá de efectuarse mediante a xustificación de, alomenos, dous dos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, sendo obrigatoria, en todo caso, a presentación dunha relación dos servicios, similares ós que son obxecto da presente concesión, prestados nos 3 últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

c) Xustificación da solvencia técnico-profesional para a execución da obra, que se acreditará mediante o certificado, emitido por órgano competente, de dispor da clasificación contractual no grupo C), categoría d), ou ben o compromiso de subcontrata-la obra con empresa que reúna tal clasificación. En defecto de tal clasificación deberá de acreditarse a solvencia técnica por, alomenos, dous dos medios precisados no artigo 17 do TRLCAP, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación de ofertas:

a) Lugar e prazo: na Casa do Concello de Bueu, nos 20 días naturais desde o seguinte ó de publi

cación do presente anuncio no último dos boletíns no que deba de selo (BOP ou DOG).

b) Documentación que hai que presentar: segundo os pregos, as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados de «Documentación Xeral», «Proposición económica para o concurso» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 17 dos pregos de condicións particulares.

c) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

d) Admisión de variantes: admitiranse unicamente variantes sobre os criterios establecidos no prego e posibilitadas por este (sobre a mellor prestación e calidade do servicio, bens no revertibles, melloras nas instalacións proxectadas, maior obra da proxectada...; segundo o artigo 18 dos pregos), sendo unicamente estas as valorables.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios a cargo do adxudicatario.

Bueu, 18 de decembro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde