Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (479/2002 e dous máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 3 de xaneiro de 2003.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

EmpresaDomicilioNúmeroData resol. deleg.PreceptosResolución

localidadeexpedienteprov.InfrinxidosSancionador

T.I.G. 98, S.L.Avda. Porteliña, 25, baixo

36005 Poio

479/2002

985/2002(AI)

3-12-2002Art. 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Arts. 12.15º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.Multa de 1.502,54A

Sanles y Casal, S.L.Avda.Fernández de la Mora

36860 Ponteareas

438/2002

940/2002(AI)

3-12-2002Arts. 15, 16, 23, 30, 31 e 37 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Arts. 12.1º e 6º e 15, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.Multa de 1.502,54 A

T.I.G.98, S.L.Avda. Porteliña, 25, baixo

36005 Poio

480/2002

986/2002(AI)

25-11-2002Arts. 14 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Arts. 12.16º b) e f), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.Multa de 3.005,08 A