Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. para concesión Rozadais 4271, en Casaio, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). (Expediente IN407A 02/22-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Pizarras Lomba, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Florencio Delgado Gurriarán nº 15-3º; 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), de autorización administrativa e aprobación de

proxecto da instalación eléctrica de referencia; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por acordo do 6 de maio de 2002, desta delegación provincial, publicado no DOG do 24 de outubro e no BOP de Ourense do 21 de xuño, en aplicación do artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Durante o período de información pública Juan Jesús Fernández García, en representación de Pizarras San Gil, S.L., presentou escrito no que manifesta a súa oposición á autorización desta instalación mentres non se resolvan os recursos que ten presentados, coas consecuencias que diso deriven:

1. Recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra a resolución de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da L.M.T. Canteras Casaio, con expediente nº IN407A 00/9-3-A.T, de titularidade de Unión Fenosa Distribución, S.A., instalación na que entronca a L.M.T. instada por Pizarras Lomba, S.A.

2. Recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Industria do 2-6-1997, que outorga a Pizarras San Gil, S.L. a demasía Rozadais III, por entender que se minora a superficie que lle correspondía.

Terceiro.-O proxecto contempla a execución das instalacións eléctricas que se detallan a seguir:

-Liña aérea a 20 kV, en conductor L.A. 110 e apoios metálicos, de 687 m, con orixe no apoio existente nº 25 da L.M.T. Canteras Casaio, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no C.T. proxectado en caseta prefabricada, de 250 kVA e r/t 20.000/380-220 V, que se vai instalar na canteira Rozadis; redes de baixa tensión derivadas do C.T.

Orzamento: 26.340,68 A.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-Con relación á alegación presentada cabe dicir que:

-A interposición dos recursos sinalados non suspende a eficacia dos actos administrativos impugnados, segundo o que se sinala no artigo 111 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, polo tanto, no caso que nos ocupa, a instalación eléctrica obxecto deste expe

diente toma tensión dunha liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. que ten autorización de posta en servicio outorgada por esta delegación provincial, logo de segui-lo trámite preceptivo para iso. Por este motivo desestímase a petición de Pizarras San Gil, S.L., e iso con independencia do que se resolva nos recursos presentados, e da reparación, se é o caso, dos danos causados nos intereses reclamados pola dita empresa.

Terceiro.-O proxecto recibiu informe favorable dos servicios técnicos desta delegación provincial, e no expediente cumpríronse os trámites regulamentarios ordenados no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Pizarras Lomba, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T., para concesión Rozadais nº 4271, situadas en Casaio, concello de Carballeda de Valdeorras.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera recurso que se considere pertinente.

Ourense, 3 de decembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense