Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.S. estrada de Cambre nº 24.
Situación: Cambre.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:-De 150 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T. Cruceiro e final no C.T. nº 1 estrada de Cambre nº 24, que se vai instalar.
-De 72 m de lonxitude, coa orixe no C.T. nº 1 estrada de Cambre nº 24 e final no C.T. nº 2 estrada de Cambre nº 24, que se vai instalar.
Centros de transformación, en casetas prefabricadas de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en estrada de Cambre nº 24. Concello de Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de decembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña