Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/462-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: M. de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. As Ermidas II.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 17 de m de lonxitude, con conductor LA-56, desde o apoio n. 3 da L.M.T. A Ermida ata o C.T. que se proxecta denominado As Ermidas II, no concello de Salvaterra de Miño, de 160 kVA, R.T. 20 kV-230/398 V. R.B.T., aérea, de 799 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra