Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002 pola que se lles dá publicidade ós beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do convenio para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada con proxectos que superan os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Mediante Resolución do 7 de novembro de 2001 fíxose público o contido do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada (DOG nº 220, do 14 de novembro).

Este convenio asinouse co obxecto de establece-las condicións de colaboración entre as consellerías de Economía e Facenda, Sanidade e Servicios Sociais e o Igape para incentiva-los investimentos en infraestructuras de iniciativa privada dedicadas a centros residencias para maiores asistidos.

Atendendo ó establecido na cláusula cuarta do convenio e á base 17ª das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento, feitas públicas mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros.

Estes proxectos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.10.03.01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ó abeiro do convenio para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTE

NOME/RAZÓN SOCIAL

INVESTIMENTO

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCIÓN

(EUROS)

AF015.2001.1.2MILENIUM GRUPO GERONTOLOGICO, S.L.1.980.202,49198.020,25

AF015.2001.1.3GERIATROS, S.L.5.354.501,00535.450,10

Nº EXPEDIENTE

NOME/RAZÓN SOCIAL

INVESTIMENTO

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCIÓN

(EUROS)

AF015.2001.1.4QUAVITAE, S.A.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.5SERGE LUCENSE, S.A.4.832.863,48483.286,35

AF015.2001.1.6ABRENTE GESTORA GALICIA, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.9ABRENTE GESTORA GALICIA, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.10ABRENTE GESTORA GALICIA, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.14RESIDENCIA NUEVA VIDA, S.A.4.468.890,97446.889,10

AF015.2001.1.15GESTIÓN Y DESARROLLOS SOCIO SANITARIOS, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.22RESGAL VIGO, S.L.5.409.108,94540.910,89

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA