Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 615

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 12/2003, do 18 de xaneiro, polo que se dispón que cese José Carlos del Álamo Jiménez como conselleiro de Medio Ambiente.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, José Carlos del Álamo Jiménez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente