Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 615

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 11/2003, do 18 de xaneiro, polo que se dispón que cese Manuela López Besteiro como conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, Manuela López Besteiro, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente