Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 614

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

Establecida a estructura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 306/2001, do 15 de decembro, faise preciso adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspira-la actuación e organización administrativa.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, número 1, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que de seguido se relacionan:

-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Innovación, de Industria e Comercio.

-Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

-Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

-Consellería de Medio Ambiente.

-Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

-Consellería de Emigración.

Artigo 2º

A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo anterior.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecua-la estructura dos distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da política de racionalización e reducción do gasto público.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente