Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-5/2002).

O Pleno do concello, en sesión realizada o día 11 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal relativa ó cuarteirón entre a rúa Joaquín Planells, travesía de Joaquín Planells e Ronda de Outeiro.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, se ben previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 27 de novembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo