Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPE-1/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 11 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións prsentadas no trámite de información pública do documento no sentido do previamente informado.

Segundo.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería co fin de reaxusta-las aliñacións interiores dos predios nº 26 e nº 30 da rúa Panaderas.

Terceiro.-Noficar este acordó ós interesados no expediente administrativo que deu pe á modificación puntual.

Cuarto.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do documento que conteña a modificación definitivamente aprobada, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Contra o anterior acordo cabe interponer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con caracter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra

a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes, desde a interposición de recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 22 de novembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo