Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 581

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado por Orde do 11 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro), para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

De conformidade co disposto na base común 8, epígrafe 4 da orde desta consellería do 11 de xullo de 2002 (DOG do 2 de setembro) pola que se convocaba procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda especial, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública no anexo da presente orde, a relación de aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

Segundo.-Os opositores aprobados deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, se non os tiveran xa presentados, a documentación que se relaciona na base común 9 da Orde do 11 de xullo de 2002, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Terceiro.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascurridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nomeDNIPunt. total

Mariño Fernández, Alberto3471898723,060

Camba Seara, José Luis3490394922,000

Santos-Ascarza Tabarés, María Belén3490442521,530

García López, Ana3321830821,070

Rodríguez Pollan, María Isabel3383913621,010

Marquina Olmedo, María Rita Lourdes3491361820,950

Raña Lama, María de la Paz3602406220,082

Rodríguez Rodríguez, Julio Gabriel0809697919,600