Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 579

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 31 do grupo II (restaurador) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 31 do grupo II (restaurador), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal II-C a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal II-C dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 31 do grupo II (restaurador), que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron

o proceso selectivo para o ingreso na categoría 31

do grupo II (restaurador) de persoal laboral fixo

da Xunta de Galicia

* Especialidade de arqueoloxía.

Acceso libre:

DNI: 35300344-J.

Apelidos e nome: Méndez Fernández, José Luis.

Fase de oposición:-1º exercicio: 12,29.-2º exercicio: 15,4.-3º exercicio: 7,33.-4º exercicio: exento.

Fase de concurso: 7,49.

Total: 42,51.

DNI: 32651485-H.

Apelidos e nome: Pérez Pérez, Carolina.

Fase de oposición:-1º exercicio: 11,66.-2º exercicio: 12,7.-3º exercicio: 5,66.-4º exercicio: exento.

Fase de concurso: 0,9.

Total: 30,92.

* Especialidade de papel.

Acceso libre:

DNI: 33509806-W.

Apelidos e nome: García Álvarez, María Esther.

Fase de oposición:-1º exercicio: 10,43.-2º exercicio: 10.-3º exercicio: 6,66.-4º exercicio: exento.

Fase de concurso: 9,75.

Total: 36,84.

DNI: 50308084-T.

Apelidos e nome: Guardia Peragón, Águeda.

Fase de oposición:-1º exercicio: 10,21.-2º exercicio: 10.-3º exercicio: 5,83.-4º exercicio: exento.

Fase de concurso: 7,1.

Total: 33,14.

DNI: 72878852-V.

Apelidos e nome: Pérez Cobacho, María Reyes.

Fase de oposición:-1º exercicio: 10.-2º exercicio: 10.-3º exercicio: 6,66.-4º exercicio: apto.

Fase de concurso: 0,45.

Total: 27,11.