Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 578

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo II (perito xudicial) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 38 do grupo II (perito xudicial), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal II-C a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal II-C dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 38 do grupo II (perito xudicial), que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos ós que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potesta

tivo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo II (perito xudicial) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Promoción interna.

DNI: 34952035-Q.

Apelidos e nome: Rodríguez Cid, Telmo.

Fase de oposición:-1º exercicio: 14,72.-2º exercicio: 11,5.-3º exercicio: 9,5.-4º exercicio: exento.

Fase de concurso: 5,9.

Total: 41,62.