Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24 de outubro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan Parcial S.1 Parque Empresarial, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Jacobo R. Losada Allende.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º-3º da Ley 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicarllo a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan.

Santa Comba, 29 de novembro de 2002.

P.R. (449, 20-11-2002)

Francisco Basilio Quintáns Fernández

Alcalde accidental